Zona Usuarios y Corresponsales

             

LA NUEVA ORGANIZACIÓN DEL GOBIERNO DE LA DIPUTACIÓN CORUÑESA SUPONDRÁ UN AHORRO DE MÁS DE 1,5 MILLONES DE EUROS EN ESTE MANDATO

A CORUÑA - Actualidad

Os órganos de goberno da Deputación da Coruña

foron constituídos esta mañá no transcurso dunha sesión extraordinaria da Corporación provincial, composta polos 17 deputados do PP; 9 de PsdeG-PSOE e 5 do BNG. 

A nova organización do goberno provincial suporá, ao longo de todo o mandato, un aforro de máis de 1,5 millóns de euros con respecto á Corporación anterior. Desta forma, o gasto de funcionamento do goberno verase reducido en máis dun 25%. Un aforro que é asumido na súa totalidade polo equipo de goberno.

Na sesión tamén se aprobou a creación de 8 Comisións Informativas. Desta forma, prodúcese tamén un aforro e unha maior simplificación administrativa xa que ata agora había nove. 

Doutra banda, e co obxectivo de mellorar o labor de control ao goberno, increméntase nun 5% o custo da oposición. 

Así, a composición dos órganos de goberno da Deputación coruñesa é a seguinte: 

Diego Calvo, elixido presidente o pasado 12 de xullo. As deputadas populares, María Faraldo Botana e María Elvira Padín Fernández, exercerán a Vicepresidencia primeira e segunda, respectivamente. 

A Xunta de Goberno está presidida por Diego Calvo, e composta por dez membros máis.

As oito Comisións Informativas son as seguintes: Comisión de Economía, Facenda e Especial de Contas: presidente: Manuel Santos Ruiz Rivas. Comisión de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística: presidenta: Zaira Rodríguez Pérez. Comisión de Promoción Económica, Emprego, Medio Ambiente e Turismo: presidente: José Santiago Freire Abeijón. Comisión de Cooperación e Asistencia aos Concellos: presidente: Manuel Taboada Vigo. Comisión de Persoal e Réxime Interior: presidente: Miguel de Santiago Boullón. Comisión de Contratación, Patrimonio e Equipamento: presidente: Santiago Vicente Amor Barreiro. Comisión de Infraestruturas Viarias: presidente: Perfecto Vázquez Lema. Comisión de Cultura, Educación, Deporte e Mocidade: presidenta: María Dolores Faraldo Botana. 

Cada Comisión estará integrada por once membros, dos cales seis pertencerán ao Grupo Popular, tres ao Grupo Provincial Socialista e dous ao Grupo do Bloque Nacionalista Galego. 

Réxime de sesións

PLENO

As sesións ordinarias do Pleno da Deputación celebraranse con periodicidade mensual, o último venres de cada mes, ás doce horas. Se o día sinalado fose inhábil, a sesión ordinaria celebrarase o inmediatamente anterior hábil, ás doce horas.

A sesión ordinaria correspondente ao oitavo mes de 2011 celebrarase o día 16 de setembro de 2011 ás doce horas.

XUNTA DE GOBERNO

As sesións ordinarias da Xunta de Goberno celebraranse o primeiro e terceiro venres de cada mes, ás doce horas. Se o día sinalado fose inhábil a sesión ordinaria celebrarase o inmediatamente anterior hábil, ás doce horas.

COMPOSICIÓN DOS ÓRGANOS DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 
PRESIDENTE
Diego Calvo Pouso
(PP)

Vicepresidenta 1ª María Dolores Faraldo Botana

 

Vicepresidenta 2ª María Elvira Padín Fernández

(PP)
DEPUTADOS/AS
María Begoña Freire Vázquez
(PP)
María del Carmen Hervada Echevarría
(PP)
Zaira Rodríguez Pérez
(PP)
Antonio Cañas Varela
(PP)
Antonio Pereiro Liñares
(PP)
José Albino Vázquez Aldrey
(PP)
José Carlos Calvelo Martínez
(PP)
José Santiago Freire Abeijón
(PP)
Manuel Rivas Caridad
(PP)
Manuel Santos Ruiz Rivas
(PP)
Manuel Taboada Vigo
(PP)
Miguel de Santiago Boullón
(PP)
Perfecto Vázquez Lema
(PP)
Santiago Vicente Amor Barreiro
(PP)
Salvador Fernández Moreda
(PSdeG-PSOE)
María Montserrat García Chavarría
(PSdeG-PSOE)
Amancia Trillo Lago
(PSdeG-PSOE)
Antonio Leira Piñeiro
(PSdeG-PSOE)
César Longo Queijo
(PSdeG-PSOE)
José Ignacio Iglesias Redondo
(PsdeG-PSOE)
María del Carmen Varela Corbelle
(PSdeG-PSOE)
Mariano Iglesias Castro
(PsdeG-PSOE)
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
(PsdeG-PSOE)
Silvia Seixas Naia
(BNG)
Xosé Manuel Soto Vivero
(BNG)
Xosé Lois Piñeiro García
(BNG)
Xosé Regueira Varela
(BNG)
Antonio Negreira Noya
 PORTAVOCES DOS GRUPOS POLÍTICOS
 PP
Portavoz: José Santiago Freire Abeijón
PsdeG-PSOE
Portavoz: Salvador Fernández Moreda
BNG
Portavoz: Xosé Regueira Varela
 XUNTA DE GOBERNO
 
Presidente
Diego Calvo Pouso
(PP)
 
Deputados/as
María Dolores Faraldo Botana
(PP)
María Elvira Padín Fernández
(PP)
Perfecto Vázquez Lema
(PP)
Zaira Rodríguez Pérez
(PP)
María Begoña Freire Vázquez
(PP)
Miguel de Santiago Boullón
(PP)
José Santiago Freire Abeijón
(PP)
Manuel Santos Ruiz Rivas
(PP)
Manuel Taboada Vigo
(PP)
Santiago Vicente Amor Barreiro
(PP)
 

COMISIÓNS INFORMATIVAS COS seus PRESIDENTES/AS

 

COMISIÓN DE ECONOMÍA, FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS

Presidente: Manuel Santos Ruiz Rivas

COMISIÓN DE BENESTAR SOCIAL, POLÍTICAS DE IGUALDADE DE XÉNERO E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Presidenta: Zaira Rodríguez Pérez

COMISIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO, MEDIO AMBIENTE E TURISMO

Presidente: José Santiago Freire Abeijón

COMISIÓN DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS

Presidente: Manuel Taboada Vigo
COMISIÓN DE PERSOAL E RÉXIME INTERIOR
Presidente: Miguel de Santiago Boullón

COMISIÓN DE CONTRATACIÓN, PATRIMONIO E EQUIPAMENTO

Presidente: Santiago Vicente Amor Barreiro
COMISIÓN DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
Presidente: Perfecto Vázquez Lema

COMISIÓN DE CULTURA, EDUCACIÓN, DEPORTE E MOCIDADE

Presidenta: María Dolores Faraldo Botana

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Encuestas

¿Estaría dispuesto a pagar por los contenidos de Internet?
 

Busqueda de Noticias

Valid XHTML 1.0 Transitional¡CSS Válido!

Adra - Roquetas de Mar - Nijar - Lucena - Montilla - Puente Genil - Alcalá de Guadaíra - Utrera - Écija - Andújar - Linares - Úbeda - Tarifa - Sanlúcar de Barrameda - Chiclana de la Frontera - Baza - Guadix - Motril - Lepe - Ayamonte - Isla Cristina - Estepona - Fuengirola - Rincón de la Victoria - Marbella - Antequera - Ronda - Sitestech